ANUNCIO RELATIVO A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA
O ANO 2022
A Xunta de Goberno Local na sesión que tivo lugar o día 30 de setembro de 2022 acordou
aprobar a oferta de emprego público do Concello de Pontevedra para o exercicio 2022, dispoñendo
a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia con especificación das prazas incluídas e a
súa clasificación.
En cumprimento do citado acordo, procédese a publicación da oferta de emprego público
do Concello de Pontevedra para o ano 2022:
“(…)
Primeiro.- Aprobar a oferta de emprego público ordinaria do Concello de Pontevedra para
o ano 2022, coa especificación das prazas abaixo relacionadas, xunto coa súa denominación e
clasificación:
ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL
— Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de
administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 1. Denominación: Técnico medio
— Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala
de administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 6. Denominación:
Administrativo.
— Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de
administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 3. Denominación: Auxiliar.
— Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: Agrupación profesional. Clasificación:
escala de administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 1. Denominación:
Subalterno.ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL

Subalterno.
ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL
— Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de
administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1.
Denominación: Técnico de deportes
— Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala
de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 2
Denominación: Traballador social.
— Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo C1. Clasificación: escala de
administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais. Número de
vacantes: 2. Denominación: Técnico auxiliar de mantemento.
— Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: Agrupación profesional. Clasificación:
escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número
de vacantes: 8. Denominación: Operario.
Terceiro.- Determinar que 1 praza de técnico medio, 3 de administrativo, 2 de auxiliar, 1
de cabo, 1 de inspector e 1 de oficial se oferten por promoción interna. Así mesmo, todas as
prazas ás que está adscrito o persoal laboral fixo que se inclúen nesta oferta convocaranse por
promoción interna, reservando estas prazas ao persoal laboral fixo do Concello de Pontevedra.
Por outra banda, determinar que 1 praza coa categoría de inspector e 2 coa categoría de policía
do Corpo de Policía Local convocarase por mobilidade. O resto de prazas convocáranse por
quenda libre.
Cuarto.- Determinar que das prazas reservadas a quenda libre, 2 de administrativo
reservaranse a persoas con discapacidade. Así mesmo, desas 2 prazas de administrativo unha
reservase a persoas con discapacidade intelectual.
Quinto.- De conformidade coa delegación realizada polo Concello de Pontevedra na
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias relativas á
convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso, pola quenda libre, á
categoría de Policía do Corpo de Policía local, acordase determinar que o número de prazas coa
categoría de policía que serán obxecto de convocatoria e desenvolvemento pola Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola quenda libre serán de 6.
Sexto.- Fixar como prazo máximo para a convocatoria dos correspondentes procesos
selectivos tres anos.
Sétimo.- Determinar que cando existan prazas da mesma categoría que se convoquen por
promoción interna e quenda libre, as prazas reservadas a promoción interna que non se provean
e queden vacantes, acumularanse á quenda libre. Así mesmo, cando existan prazas da mesma
categoría que se convoquen por quenda libre xeral e por quenda de discapacidade, as prazas
reservadas a persoas con discapacidade que non se provean e queden vacantes, acumularanse
á quenda libre xeral.
Oitavo.- Dispoñer que este acordo da OEP do ano 2022, logo de aprobarse pola Xunta de
Goberno Local, se publique no Boletín Oficial da Provincia con especificación das prazas incluídas
e a súa clasificación.
Noveno.- Remitir este acordo á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
indicándolle que o número de prazas de policías do Corpo da Policía Local, que deben ser obxecto
de convocatoria e desenvolvemento por parte desa Administración Pública por quenda libre ao
amparo da delegación efectuada por este Concello naquela debe ascender a 6.
Décimo.- Notificar este acordo ao persoal laboral fixo afectado pola oferta das prazas”.