Concello de TUI

LISTA DE RESERVA PARA DE INTERINOS/AS, PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

PROCESO DE SELECCIÓN PARA A FORMACIÓN DE LISTAXE DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO, ENCADRADA NO GRUPO C, SUBGRUPO C-2 PARA O CONCELLO DE TUI.

Mediante Resolución da Concellería Delegada de Persoal de data 05/10/2022, aprobouse a convocatoria e bases de selección para a formación dunha listaxe de reserva para a provisión interina de prazas de auxiliar administrativo da escala de administración xeral, encadrada no grupo C, subgrupo C-2.

As instancias polas que se solicita formar parte en cada proceso selectivo, dirixiranse ó alcalde do concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no boletín oficial da provincia de Pontevedra.

As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal) e na súa páxina web, www.tui.gal.

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su conocimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.  política de cookies    Más información
Privacidad