Concello de Porriño

CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES
INTERINOS

 

ANUNCIO da convocatoria para a constitución dunha Bolsa de Emprego, para nomeamentos como
funcionarios/as interinos/as, auxiliares, Grupo C, Subgrupo C2.
Mediante resolución de Alcaldía, número 2022-2434 de data 06/10/2022, aprobáronse
as bases de selección de persoas, polo sistema de OPOSICIÓN LIBRE, para a constitución
dunha Bolsa de

Emprego, para nomeamentos como funcionarios/as interinos/as, auxiliares,
Grupo C, Subgrupo C2, para os supostos previstos no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo
5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico
do Empregado Público en relación co artigo 23 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego
público de Galicia, entre os que se atopan, entre outros, substituír a empregados/as públicos/
as municipais por motivos de incapacidade laboral temporal, vacacións, licencias, permisos e
situacións administrativas das previstas na Lei.
O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello, en horario de
9:00 a 14:00 horas de luns a venres (Praza da Antonio Palacios nº 1, 36400 O Porriño), ou de
xeito telemático na Sede Electrónica https://oporrino.sedelectronica.gal ou por calquera dos

procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, será de 20 días hábiles, que comezarán a
contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.
As Bases do proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios da Sede electrónica
e no taboleiro físico de anuncios do Concello do Porriño, sen prexuízo da súa publicación, de
forma complementaria, na páxina web municipal www.oporrino.org.

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su conocimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.  política de cookies    Más información
Privacidad