Diputación de Pontevedra – Convocatoria De Varios Procesos Selectivos

Convocatoria De Varios Procesos Selectivos De Estabilización De Emprego Temporal Para Cubrir As Necesidades De Carácter Estrutural E Permanente Nos Distintos Centros E Servizos Da Deputación Provincial, Incluídos Na Oep De Estabilización De Emprego Temporal Que Deriva Da Lei 20/2021 (Ce2022co-N)

Obxecto da convocatoria
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir varias prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego
público de estabilización de emprego temporal aprobada ao abeiro da Lei 20/2021, de 28 de decembro, co fin de atender necesidades estruturais e de carácter permanente nos distintos

centros e servizos desta institución.

Número e características das prazas e dos postos convocados

1.—Unha praza de administrativa/o de Administración xeral, do grupo C1, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, por concurso-oposición libre, en  aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.
2.—Cinco prazas de auxiliar de Administración xeral, do grupo C2, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, por concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.
3.—Dúas prazas de técnica/o auxiliar de educación diúrna, do grupo C1, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o auxiliar, por concursooposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.
4.—Unha praza de técnica/o auxiliar de educación nocturna, do grupo C1, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o auxiliar, por concursooposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.
5.—Catro prazas de oficial/a de infraestruturas e servizos, do grupo C2, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.
6.—Unha praza de auxiliar de laboratorio, do grupo C2, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.
7.—Dúas prazas de oficial/a condutor/a maquinista, do grupo C2, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.
8.—Unha praza de oficial/a de cociña, do grupo C2, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.
9.—Unha praza de oficial/a de comedor, do grupo C2, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.
10.—Un posto de traballo de auxiliar de xestión tributaria e información, equivalente ao grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do disposto no artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

Sistema de selección
Establécese o sistema de selección de concurso-oposición.

O número de prazas e dos postos vacantes, a súa denominación e as súas características relaciónanse a continuación:

el 7 de diciembre

La

academia

PERMANECERÁ
cerrada
Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su conocimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.  política de cookies    Más información
Privacidad